CINERXIAS, unha celebración do cinema lucense



ENLACE AL PODCAST, AQUÍ

Este día 18, estivemos nos Códex catando cine con Cinerxias, pensada coma una celebración, una xornada de intercambio entre o público e os creadores do audiovisual lucense.
E así foi. Os espectadores acudiron en masa e encheron os Códex. De feito a organización tivo que habilitar una sala máis que rematou por encherse dun público con fame de ver e coñecer de primeira man o cine que se está a xestando en Lugo.

Cinerxias naceu en agosto de 2017. Dende esa data un grupo de amigos, cineastas, artistas e amantes do arte reúnense periodicamente para presentar os seus proxectos cinematográficos e falar sobre cine. Estas reunións son unha especie de pulo para que os proxectos medren de maneira constante. Ao longo deste ano e medio a comunidade celebrou diversas reunións e roza xa a corentena de persoas.

Fotos de Alba Sotelo

Os coordinadores do proxecto son Iago de Sant (creador da produtora Microsoños) e Brian Rodríguez (creador de Casaveteiro Films, membro de Microefectos Dramatúrxicos). Entre os membros de Cinerxias atopamos a Andrés Goteira e Suso López artífices de Dhogs (filme galardoado con trece premios Mestre Mateo); Daniel Díaz da produtora 60 Ráfagas (cuxa última publicidade Dónde empieza tu piel foi candidata aos Mestre Mateo); creadores novos coma Clara Coira, Alba Sotelo, Iván Mouronte ou Fernando Losada quen artella unha longametraxe (Eternia); creadores emerxentes no audiovisual pero vencellados dende fai anos ao ámbito cultural lucense dende outras artes ou o activismo social (coma Brais García, Félix Brixel ou Antón García Agrelo); artistas consolidados coma Iago Eireos (Espacio L.U.P.A.); actrices coma Conchi Madrina (Microefectos Dramatúrxicos) ou persoas cun perfil audiovisual máis técnico e que teñen ganas de empaparse de ideas cinematográficas novas e máis libres.

Fotos de Alba Sotelo


O luns, puidemos desfrutar de novos traballos deste colectivo, e entrevistalos a case todos (audios que poderedes escoitar no noso podcast onde profundizamos máis en cada una das propostas). Desfrutamos dunha xornada distendida e festiva onde ademáis de ver cine (porque as curtas, as webseries e os teaser tamén son cine) debatemos cos autores e tivemos ocasión de ver ós multigalardoados Suso López e Andrés Goteira preparando pinchos entre proxeccións para que o público estivese atendido cando rematasen de ver os proxectos.
Unha lección de clase.

Fotos de Alba Sotelo

Abre, Cinerxias, un novo xeito de entender ó público e entenderse co espectador. Ofréceselle así, ademáis dun producto audiovisual, una cercanía e un contacto libre e directo que lles permite, tanto a crítica constructiva, coma desfrutar das personalidades diferentes e así ter un coñecemento máis fondo do por que do traballo dos creadores.
Un éxito e un acerto.

Estamos desexando que chegue a seguinte cita de Cinerxias.


PODÉIS ESCUCHAR EL PODCAST COMPLETO DE CINERXIAS,AQUÍ.


Por David Alonso Garzón.





Comentarios